Os mapas de CC
Busca textos que acheguen probas dos lugares nos que estivo Carvalho Calero. Propómosvos unha actividade de creación de rutas sobre mapas en Ikimap.
Adiviña onde estivo Carvalho a través dos poemas, as novelas, as biografías...
Tedes que localizar o texto no que fala do lugar elixido por vós ou ben a biografía na que se di que estivo no lugar que vos indicades.
Algúns dos lugares nos que estivo Carvalho a través da literatura e da propia vida: Nova Iorque, Líbano, Madrid, Xaén, China, Ferrol, Lugo, ...
<



